jueves, 21 de enero de 2016

Que son os ronseis brancos que deixan os avións?

Este fenómeno do ronsel branco ocorre frecuentemente en avións a reacción que voan a gran altura e velocidade, sobre todo en cazas militares.

As turbinas dos motores a reacción deses avións empregan como combustible queroseno, que unha vez que se queima na cámara de combustión libera un residuo gaseoso que tende a expandirse ao saír despedido pola parte traseira do motor.
A 10 mil metros de altura, cunha humidade relativa circundante alta e cunha temperatura externa de 50 graos baixo cero, o gas quente que sae da turbina, ao poñerse en contacto co aire frío da atmosfera, arrefríase bruscamente, dando lugar á aparición dun ronsel de vapor de auga cristalizada.

Ese ronsel pódese ver desde a Terra como unha nube branca, de forma alongada, que segue a traxectoria que leva o avión. Cando a humidade relativa é alta, o ronsel mantense no ceo por máis tempo que cando é baixa. Neste último caso o ronsel tende a desaparecer con maior rapidez.

No hay comentarios:

Publicar un comentario