domingo, 1 de mayo de 2016

Viaxe virtual a unha meseta de Marte en 360º

O robot Curiosity da NASA acaba de percorrer un tramo do terreo máis escarpado e difícil de transitar que atopou durante os 44 meses que durou ata agora a súa misión en Marte. Para que todos os amantes da exploración espacial poidan facerse unha idea de como é esta rexión do planeta vermello, a axencia espacial ha difundido un vídeo panorámico e interactivo coas imaxes obtidas polo robot.

O robot ascendeu á Meseta Naukluft, na parte baixa do Monte Sharp, a principios de marzo, despois de pasar varias semanas investigando as dunas de area. O leito de roca arenisca da meseta foi tallado por millóns de anos de erosión eólica. O camiño de aproximadamente 400 metros cara ao oeste está a levar ao rover a superficies máis lisas que conducen a capas xeolóxicas de interese científico máis arriba.

A imaxe panorámica foi captada pola cámara de mastro (Mastcam) a bordo de Curiosity o pasado 4 de abril. A escena preséntase cun axuste de cor que mostra as rocas e a area como aparecerían baixo as condicións de luz diúrna da Terra.

Aqui a lista de reproduccion de videos da nasa