Para comezar a falar sobre o infinito primeiro hai que deixar claro que o infinito non é un número, é un concepto matemático que significa que non ten nin pode ter final ou límite.
Verdadeiramente ata donde puiden indagar non existe nada infinito non abstracto, pois o universo está en continua expansión pero non é infinito, en teoría o único que é infinito son os números xa que nunca se rematan.
Existen moitas teorías interesantes formuladas ao redor deste concepto como a do ¨mono infinito¨que afirma que si un mono teclease infinitamente diante dunha maquina de escribir chegaría a escribir todas as obras de William Shakespeare. Visto desde un punto de vista razoado se o infinito non ten fin nin pode telo chegaría un momento en que o noso mono tería escrito todo o que se pode escribir infinitas veces.
Asi como conclusión o infinito existe so como concepto e poucas veces senón ningunha pode ser aplicado na vida ou simplemente no universo agás nos números.
Un guiño da famosa serie de televisión ao teoremo do mono infinito
No hay comentarios:
Publicar un comentario