jueves, 12 de noviembre de 2015

Existe a inmortalidade?

Pois ben, a pregunta que se nos plantexa hoxe e bastante interesante, xa sabemos que non existe nada infinito no mundo sensorial (Existe o infinito?) asi que a imortalidade aplicada tal cual como concepto (Existencia indefinida e infinita que consegue superar a morte) non existe, pero si que destacan algúns casos insólitos de seres vivos con cifras asombrosas como a tartaruga Jonathan que naceu en 1832 e hoxe en día segue viva e é considerado o ser vivo vertebrado mais lonxevo da terra (182 anos) .

Tartaruga Jonathan














Tamén existen outros seres vivos como a árbore Matusalem cuxo paradeiro é descoñecido para que este libre de actos vandálicos e ten unha idade de 5065 anos, isto quere dicir que viviu o nacemento e morte de civilizacións como a romana, grega...

Outro organismo incríble denominado Pando e un tipo de arbóre que se reproduce mediante ¨clonación¨ estímaselle unha idade de 80000 anos.

Pando

Sen embargo o caso máis excepcional e o dunha bacteria viva dende fai 250 millóns de anos que foi sometida a condicións tan extremas que pese a que chega a ¨morrer¨ baixo certas condicións revive ao pouco tempo e continúa a súa vida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario